ALUCINE
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO CEIP VALLE-INCLÁN O GROVE CURSO 2022-2023
mércores, 28 de xuño de 2023
FESTIVAL FIN DE CURSO ALUCINE
martes, 27 de xuño de 2023
FILMTRAILER DAS NOSAS PELIS FAVORITAS
mércores, 21 de xuño de 2023
TAREFAS FINAIS DE EDUCACIÓN INFANTIL- VIDEOS MUSICAIS
TAREFAS FINAIS DE 3º CICLO DOCUMENTAIS "DETRÁS DAS CÁMARAS"
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria estiveron investigando sobre as profesións das persoas que traballan detrás das cámaras. Logo crearon estes fabulosos documentais. Noraboa polo traballo!
TAREFAS FINAIS 2º CICLO- ED. PRIMARIA - DOBRAXE
Os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria fixeron como tarefa final do proxecto dobraxes de películas. Primeiro houbo que visionar e analizar os seus diálogos e identificar a linguaxe sexista. O seguinte paso foi elaborar guións novos con linguaxes non sexistas e inclusivos. Finalmente fixeron as gravacións cos ipads da biblioteca e "bualá"... aquí tedes o resultado.
Realmente son unhas dobraxes increíbles.
Sodes capaces de adiviñar que compañeiro ou compañeira lle pon voz ás personaxes?
TAREFAS FINAIS DO 1º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria investigaron diferentes xéneros do cinema para elaborar como tarefa final do proxecto as súas propias curtametraxes, dramatizando escenas e vivenciando emocións e sentimentos: cinema de terror (medos), policíaco (inquietude), acción (angustia), comedia (ledicia), ciencia ficción (sorpresa), fantástico (asombro)...
Esta tarefa implicou a aprendizaxe dos pasos para facer unha película. Partindo das emocións, atoparon os xéneros que nos fan sentir. A partir de aí, buscaron escenas repetidas en diferentes películas que sintetizan moi ben dita emoción, como a desactivación dunha bomba nunha película de acción, que nos fai sentir inquedanza, angustia ou ansiedade. Despois contestaron ás preguntas básicas: que, cando, onde, quen... e traballaron localización, vestuario, atrezzo e diálogos.
O seguinte paso foi ensaiar e gravar as escenas. Foi un traballo moi divertido e motivador co que o alumnado tomou conciencia da importancia das emocións na nosa vida e de como podemos facer sentir cousas aos demais a través da expresión, neste caso, audiovisual.
Saberías dicir a que xénero pertencen as seguintes curtas?
martes, 20 de xuño de 2023
VIDEO MUSICAL VIDA DE DON FRANCISCO DEL RIEGO- LETRAS GALEGAS 2023
LIBRO DE 101 DÁLMATAS- 6º INFANTIL
luns, 19 de xuño de 2023
Xogo do Pasapalabra sobre Cinema
sábado, 17 de xuño de 2023
INVESTIGACIÓN SOBRE PERSONAXES VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS
O alumnado de 4º de Educación Primaria realizou un traballo de investigación e clasificación de animais vertebrados e invertebrados a partir dos protagonistas das súas películas e series favoritas.
Como resultado final elaboraron este mural para a súa porta da aula.
venres, 16 de xuño de 2023
HISTORIA DUNHA SOBREIRA, UNHA PELÍCULA DO CLUB DE LECTURA
NA PEL DO RESTO, UNHA PELÍCULA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA CREATIVA DE 6º- PRIMARIA
mércores, 14 de xuño de 2023
XOGOS DE ORIENTACIÓN EN EDUCACIÓN FÍSICA