xoves, 16 de marzo de 2023

CREACIÓN DE DOCUMENTAIS SOBRE AS PLANTAS

 O alumnado de 4º de Educación Primaria creou varios documentais por equipos sobre as partes dunha flor dentro do seu proxecto sobre as plantas, actividade integrada na área de Ciencias Naturais.

Primeiro seleccionaron unha chea de libros informativos da biblioteca que levaron prestados para á súa aula e poder dispoñer deles mentres facían esta tarefa.

Trala busca de información nos libros, nas tablets e nas zonas verdes do colexio, empezaron a crear os seus documentais empregando fotos que realizaron das partes das flores que atoparon polo patio e gravando os audios coa información atopada no estudio de radio. 

Preme na imaxe para ver as fotos do proceso de investigación, o proceso de creación e os documentais elaborados.




venres, 10 de marzo de 2023

XOGO "MULLERES DE CINE"

 


Durante toda a semana dende o día 6 ata o 10 de marzo, o Equipo de Biblioteca organizou un xogo para que os nenos e nenas descubriran e coñeceran os nomes de mulleres galegas que dalgunha maneira están relacionadas co mundo do cine. O xogo consistiu en atopar unhas imaxes informativas que deixamos polas paredes do cole e cubrir unha ficha co nome da profesión ou profesións da muller atopada. Ao rematar a ficha, tiñan que levala ao buzón-claqueta que estaba na biblioteca. Nos próximos días faremos un sorteo de agasallos entre todos os participantes que cubriron correctamente a ficha.

Enlace ás instruccións do xogo e a ficha: https://drive.google.com/file/d/10XIhgI2w_BxbVy8YN4bLwBtsn7WU3ZuX/view?usp=sharing

Enlace ás imaxes informativas:

https://drive.google.com/file/d/10fmSMYXeTtQnLlRs15ouzvMMl8blqcKz/view?usp=sharing




mércores, 8 de marzo de 2023

VIDEOCONFERENCIA COA ACTRIZ IRIA PARADA

 Con motivo do Día da Muller, o Equipo de biblioteca organizou unha videoconferencia coa actriz, guionista e profesora de interpretación Iria Parada para o alumnado de 6º de Educación Primaria. 

Conectados na Aula Creativa durante máis dun hora estiveron os nenos e nenas facendo unha chea de preguntas a esta actriz que marchou de O Grove a Madrid de moi nova para abrirse no mundo do teatro, o cine e a televisión.

A sesión resultou moi produtiva porque non só falaron da carreira profesional de Iria, senón tamén aproveitaron para preguntarlle sobre a temática da súa tarefa final do proxecto Alucine e preparar así o seu documental sobre o que ocorre detrás das cámaras e a grande cantidade de xente que traballa no mundo do cine.



luns, 6 de marzo de 2023

ENTROIDO

 

GALERÍA DE FOTOS


VÍDEO DO DESFILE NO PATIO

COPLA DOS SUPERHEROES DE 5º E 6º PRIMARIA

COPLA DE 5º PRIMARIA


COPLA DE 4º B


COPLA DE 4º A