xoves, 27 de outubro de 2022

O CINE EN EDUCACIÓN FÍSICA

 


Na unidade de Expresión Corporal, o alumnado de 4º de Educación Primaria realizou o xogo das películas. Primeiro escribiron nuns papeliños os títulos das máis coñecidas e logo en pequenos grupos representáronas a través da mímica e os sons.

VIDEO "HISTORIA DA NOSA BIBLIOTECA"

 



Película elaborada polas axudantas de biblioteca de 6º de Educación Primaria e a colaboración da mestra de 6º de Educacion Infantil e os seus alumnos e que se estrenou o día 20 de Outubro na Xornada de Portas Abertas para facer a Inauguración da ampliación da biblioteca.

Edición da película: Director Ramón López.

Preme na imaxe para ver o vídeo.

mércores, 19 de outubro de 2022

ADIVIÑA A PELÍCULA EN LINGUA INGLESA

 


Na aula de lingua inglesa están a representar con mímica unha película para que os demais adiviñen o título da mesmaNeste caso: Spiderman, Mr Fox e Matilda.


X had lost her voice, so she had to communicate everything in mime.
The game involves miming a movie so the rest can guess the title.

PORTAS DE CINE DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 



Os membros do Departamento de Orientación ( Orientador, o mestre de Pedagoxía Terapeútica e a mestra de Audición e linguaxe) comezaron o Proxecto decorando todas as portas do Equipo coa temática do cine. Empeza a acción!!!


PELÍCULA DA HISTORIA DE ESPAÑA


Os actores e actrices de 4º A convertíronse en personaxes da Historia de España para crear esta película, actividade integrada na área de Ciencias Sociais. Noraboa polo voso esforzo e traballo! 

Premer na imaxe para acceder ao vídeo.

CREACIÓN DE CHAPAS CO LOGO


As axudantas de biblioteca estiveron esta semana facendo chapas para regalar aos participantes na Xornada de Portas Abertas na que imos presentar o Proxecto deste curso e facer a inauguración da ampliación da biblioteca. 

 

venres, 14 de outubro de 2022

XA TEMOS LOGO DO PDI!

 



O xurado do certame de debuxo elexiu de entre todos os participantes o logo creado pola alumna Noa Candal de 6º A de Ed. Primaria. 
Se premes na imaxe poderás ver todos os logos realizados nas clases de  Educación Artística. Grazas a todos e todas por participar.

venres, 7 de outubro de 2022

PRIMEIRAS ASAMBLEAS DO PROXECTO

 


O alumnado de 3º de Ed. Primaria xa comezou a primeira fase do proxecto: Que sabemos e que queremos saber sobre o cine?
Por equipos elaboraron murais que recollían todas as inquedanzas sobre este tema. Preme na imaxe para velos mellor.

mércores, 5 de outubro de 2022

CERTAME DE DEBUXO "CREA O LOGO"

 


Convocamos o primeiro certame de debuxo deste curso para crear o logo deste novo proxecto. Os debuxos realizaranse nas sesións de plástica baixo a orientación do mestre correspondente e entregaranse como moi tarde o xoves día 13 de Outubro na Biblioteca. O Equipo escollerá de entre todos os participantes o logo definitivo do proxecto. 
Ánimo e a crear!!!

COMEZAMOS NOVO PROXECTO: "ALUCINE"

 


No CEIP Valle Inclán de O Grove comezamos un novo proxecto documental integrado que leva por título "ALUCINE" e como xa podedes imaxinar vai relacionado co mundo cinematográfico. Algúns mestres xa comezaron cos primeiros decorados e o Equipo de Biblioteca está a preparar algo moi especial para á comunidade educativa: unha xornada de Portas Abertas na que aproveitaremos para presentar o novo proxecto e facer inauguración oficial dos novos espazos da ampliación da nosa biblioteca entre a que destacamos a sala de cine que imos a estrear este curso.