mércores, 21 de xuño de 2023

TAREFAS FINAIS DO 1º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria investigaron diferentes xéneros do cinema para elaborar como tarefa final do proxecto as súas propias curtametraxes, dramatizando escenas e vivenciando emocións e sentimentos: cinema de terror (medos), policíaco (inquietude), acción (angustia), comedia (ledicia), ciencia ficción (sorpresa), fantástico (asombro)...




Esta tarefa implicou a aprendizaxe dos pasos para facer unha película. Partindo das emocións, atoparon os xéneros que nos fan sentir.  A partir de aí, buscaron escenas repetidas en diferentes películas que sintetizan moi ben dita emoción, como a desactivación dunha bomba nunha película de acción, que nos fai sentir inquedanza, angustia ou ansiedade. Despois contestaron ás preguntas básicas: que, cando, onde, quen... e traballaron localización, vestuario, atrezzo e diálogos.

O seguinte paso foi ensaiar e gravar as escenas. Foi un traballo moi divertido e motivador co que o alumnado tomou conciencia da importancia das emocións na nosa vida e de como podemos facer sentir cousas aos demais a través da expresión, neste caso, audiovisual.

Saberías dicir a que xénero pertencen as seguintes curtas?


MOSQUEATTI & PREGUNTONNI

AS BRUXAS DE ZUMARRALARDIA

FANTÁSTIC BOOMBÁSTIC 1

FANTÁTIC BOOMBÁSTIC 2

CINE MUDO e COMEDIA




Ningún comentario:

Publicar un comentario