martes, 31 de xaneiro de 2023

CREACIÓN DE CURTAS EN LINGUA INGLESA

 O alumnado de 6º de Educación Primaria creou unhas curtas de diferentes temáticas empregando o vocabulario e as expresións que aprenderon durante o primeiro trimestre na área de Lingua inglesa, coa supervisión da mestra especialista Mela e a colaboración da mestra de conversa Claudia na gravación e edición dos vídeos. 


















venres, 27 de xaneiro de 2023

CÓMICS 6ºB

 O alumnado de 6º B- Primaria rematou os cómics que estaban a facer por equipos na área de Lingua Galega. Preme na imaxe para ver o resultado final. Tamén podes atopalos na nosa biblioteca e desfrutar da súa lectura.



xoves, 26 de xaneiro de 2023

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 1º CICLO


Aquí temos a presentación tan orixinal que fixeron os alumnos e alumnas de 1º Ciclo de Educación Primaria na primeira fase do proxecto. Preme na imaxe para ver mellor os saberes e as preguntas destes dous grupos.

 

venres, 20 de xaneiro de 2023

KARAOKE NA RADIO

 No mes de Decembro organizamos unha xornada de Karaoke na nosa Radio Escolar na que participaron algunhas familias. Subimos os audios ao noso PROGRAMA MUSICAL de Radio V.I. para que podades escoitarvos. O son non é moi bo porque aínda non somos moi expertos, pero a actividade resoltou moi divertida e os nenos e nenas cantaron cancións de diferentes películas cos seus familiares.

Preme nos enlaces e recorda esperar uns segundos despois de darle a reproducir, os audios sonarán despois da publicidade.

Familias de: Vera, Alba Prol e Alba Montesinos

Familia de Frida e Oliver

Familia de Catherine e Oliver coa compañía de Success e Oliver; familia de Paulo; e familia de Darío.

Participación de mestres

Galería de fotos


xoves, 12 de xaneiro de 2023

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 4º B - PRIMARIA

 

O alumnado de 4º B de Educación Primaria elaborou este vídeo coa información recollida nas asambleas da 1ª fase do PDI, inspirado no cine mudo. Conseguirán resolver as súas inquedanzas sobre o mundo do cine? Pronto o saberemos.
Preme na imaxe para ver o vídeo.