sábado, 24 de decembro de 2022

xoves, 22 de decembro de 2022

AS NOSAS PELÍCULAS FAVORITAS (6º B- PRIMARIA)

 


O alumnado de 6º B de Ed. Primaria elaborou para a primeira fase do proxecto este mural coas súas películas favoritas escribindo a sipnose, recomendándoas por idades e poñendo códigos QR aos trailers.
O equipo de biblioteca escaneou o traballo para unha mellor visibilidade en documento pdf que podedes ver aquí.

mércores, 21 de decembro de 2022

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 4º INFANTIL

 



O alumnado de 4º de Infantil coa axuda das mestras Rebeca e Laura presentan este lapbook como resultado das asambleas que fixeron para averiguar que sabían do cinema e que lles gustaría saber. 



martes, 20 de decembro de 2022

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 5º INFANTIL

 



Aquí temos o traballo da 1ª fase do Proxecto de 5º de Ed. Infantil. Vídeo resultado das gravacións que fixeron para descubrir que sabían do cine.... Disfrate deste novo vídeo premendo na imaxe.




venres, 16 de decembro de 2022

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 5º ED. PRIMARIA?

 


E pouco a pouco todos os niveis van rematando a 1ª fase do proxecto. Aquí temos o resultado das asambleas realizadas en 5º de Ed. Primaria. Preme na imaxe para velo completo.

mércores, 14 de decembro de 2022

SABES O TÍTULO DESTAS PELÍCULAS? ESCRÍBENOS!

O Equipo de Biblioteca elaborou un xogo para estas festas de Nadal. No mural da entrada á biblio tedes imaxes de diferentes películas relacionada co Nadal. Se sabedes o título dalgunha podedes escribilas nos comentarios desta entrada. Fixádevos que as claquetas están numeradas do 1 ao 12 para poder contestar aquelas que saibades.















venres, 9 de decembro de 2022

ESCENIFICANDO CONFLITOS


O alumnado de 4º A estivo traballando valores a través da dramatización. A importancia da asertividade para resolver conflitos. En pequenos equipos de 3 ou 4 escenificaron diferentes situacións que viven no día a día, no patio, no parque, na aula... 
Posteriormente falaron como se poderían ter evitado ou como resolvelo. Finalmente escenifacron de novo a situación coa resolución do conflito. 
Resultou unha dinámica moi positiva para correxir condutas inadecuadas mediante a aprendizaxe experiencial.

 

mércores, 7 de decembro de 2022

CREANDO CÓMICS en 6º B

 
O alumnado de 6º B está na fase de elaboración duns cómics na área de Lingua Galega e a temática non podía ser outra que o cinema. Pronto teremos os resultados finais e poderedes velos aquí.

 

PUZZLES DE CINE

 





O Equipo de Biblioteca mercou moitos puzzles das películas favoritas de Disney para a zona de xogos de mesa e están tendo un éxito tremendo nos tempos de lecer. Pronto anunciaremos un gran concurso de puzzles así que estar moi atentos ás publicacións.

venres, 2 de decembro de 2022

O MUNDO DE HARRY POTTER

 O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria estivo investigando as casas e os escudos da escola de maxia máis famosa do mundo do cine: Hogwarts. Logo fixeron debuxos xigantes dalgunhas das personaxes da película de animación e dos escudos que serviron para decorar a zona interclases dos tres grupos (3º, 4ºA e 4º B) durante o mes de celebración do Halloween e o Samaín. 

Preme na imaxe 


xoves, 1 de decembro de 2022

VOCABULARIO DO CINEMA EN LINGUA INGLESA

 



O alumnado de 1º de Educación Primaria investigaron sobre o persoal que traballa na industria do cinema e os tipos de xéneros cinematográficos.