venres, 25 de novembro de 2022

PELÍCULA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 



Unha vez máis o noso alumnado demostra as súas habilidades artísticas e interpretativas. Desta vez participaron todos os cursos na creación dunha película con escenas e mensaxes en contra da violencia de xénero pola conmemoración do 25 de Novembro. Un pequeno vídeo para facer reflexionar das moitas das situacións que se dan aínda na vida cotidiana.


venres, 18 de novembro de 2022

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER? en 4º A- Primaria


O alumnado de 4º A de Educación Primaria elaborou esta película para presentarnos a primeira fase do proxecto: "Que sabemos do cine? e Que queremos saber?
Preme na imaxe para ver o vídeo.




 

mércores, 2 de novembro de 2022

SESIÓNS DE CINE DE MEDO

 Na última semana de Outubro, os diferentes cursos de Educación Infantil e Primaria acudiron á sala de Cine da biblioteca para ver curtametraxes de medo. Foi unha máis das moitas actividades que se fixeron nesta celebración.


Nos seguintes enlaces podedes acceder á selección das curtas que fixemos para a nosa gran pantalla.







CABAZAS DE ALUCINE

 Ao chegar o tempo de Samaín as familias implícanse na creación das cabazas cos seus pequenos e pequenas. Auténticas obras de arte chegaron ao Valle Inclán relacionadas co proxecto deste curso escolar: ALUCINE.

Preme na imaxe para ver todas as cabazas expostas nos corredores do colexio.