venres, 16 de xuño de 2023

HISTORIA DUNHA SOBREIRA, UNHA PELÍCULA DO CLUB DE LECTURA


O alumnado do Club de lectura de 5º e 6º de Educación Primaria fixo esta película a partir dunha das lecturas que fixeron neste curso: Historia dunha sobreira (Obra de teatro de Ramón Caride). No primeiro trimestre leron todos xuntos a obra, logo estudaron o reparto de papeis e as adaptacións do guión para a creación da película (eliminando o Acto II e modificando algunhas frases para que dera tempo a rematar) e no terceiro trimestre que veu o bo tempo e a árbore do patio xa tiña algo de verde realizáronse as gravacións. Foi unha tarefa complicada (erros na memorización dos guións, nervios, ruídos de ambulancias, obras nas rúas preto do colexio, o vento, un helicóptero sobrevoando o patio, problemas técnicos co micro...pero ó final conseguiron rematala.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario