luns, 27 de febreiro de 2023

3º e 4º- Primaria - PREPARANDO O SEU DISFRAZ INSIDE OUT

 


O alumnado de 3º  elaborou o seu disfraz do personaxe  da película "Inside Out" (Do revés) e fixeron xunto cos de 4º murais das diferentes emocións para decorar as paredes da zona interclase do 2º Ciclo de Educación Primaria.






venres, 24 de febreiro de 2023

2º PRIMARIA TRABALLA COMO NUNHA FÁBRICA

 


O alumnado de 2º de Ed. Primaria elaborou o seu disfraz de "Oopa Loompa" (Película Charlie e a fábrica de chocolate") traballando todos en equipo como se dunha fábrica se tratara. 
Pronto veremos os resultados no vídeo que publicaremos en breve do día do desfile do Entroido.

1º PRIMARIA NA SALA DE CINE

 



O alumnado de 1º de Primaria, antes de elaborar os seus disfraces para o Entroido, visionaron na nosa sala de cine a película "Alicia no país das marabillas".

martes, 14 de febreiro de 2023

RECOMENDACIÓNS E DEBATES SOBRE PELÍCULAS NA RADIO

 

Preme na imaxe para ver todas as fotos

Na semana do Día Mundial da Radio comezamos a gravar máis episodios para o PROGRAMA de debates "Ti tes a palabra". Desta vez, o alumnado de 6º de Educación Primaria fala das súas películas favoritas e debate cos seus compañeiros cal é a mellor explicando os seus argumentos.

Aquí deixamos o enlace aos primeiros episodios:
ALUCINE 1 onde participaron Sheila, Lara, Anna e Roi. 
ALUCINE 2 coa participación de Lidia, Miriam, Alex e Denís.
ALUCINE 3 coa participación de Zaira, Eva, Eloy, Ezequiel e Samuel.
ALUCINE 4 coa participación de Izan, Daniel, Amaya e Luisa.
ALUCINE 5 coa participación de Enma, Paula e Uxía.
ALUCINE 6 coa participación de Mario, Noa, Beni e Pedro.

xoves, 2 de febreiro de 2023

QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER EN 6º INFANTIL

 

O alumnado de 6º de Educación Infantil realizou este mural coas súas preguntas para o Proxecto. No caso deste grupo, escolleron a película de 101 Dálmatas para investigar sobre os seus personaxes e como se fan as pelis.