venres, 26 de maio de 2023

RETRATOS DE WILLIAM SHAKESPEARE

 

Portrait of William Shakespeare on the film "Romeo and Juliet".

O alumnado de 2º de Educación Primaria realizou retratos de William Shakespeare sobre a película "Romeo y Julieta", actividade integrada na área de Educación Artística en lingua inglesa.

xoves, 25 de maio de 2023

ACTIVIDADE EN EDUCACIÓN ARTÍSTICA EN LINGUA INGLESA

 


This is an activity about taking care the enviroment. Reduce, reuse and recycle. It is made of roller paper toilet.
As referenced in the film "Big Fish", bringing art to life. They also wrote the parts of a tree.

Esta é unha actividade sobre o coidado do medio ambiente. Reducir, reutilizar e reciclar. Está feito con rolos de papel hixiénico.  Como se fai referencia na película "Big Fish", dando vida á arte. Tamén escribiron os nomes das partes da árbore.

Actividade integrada na área de Educación Artística en Lingua Inglesa. (4º Ed. Primaria)


mércores, 24 de maio de 2023

CREACIÓN DE VÍDEOS PUBLICITARIOS

 O alumnado de 6º A de Educación Primaria comparte con todos nós os vídeos publicitarios que crearon nunha das actividades integradas na área de Lingua Castelá facendo uso dos novos materiais audiovisuais da biblioteca. Preme na imaxe para acceder á carpeta dos vídeos.




















martes, 23 de maio de 2023

ESCENA 1 TOMA 1 ACCIÓN!

 


Os membros do Club LectoCrea de Ardia están a gravar unha película dunha adaptación que fixeron da obra de teatro "Historia dunha sobreira" de Ramón Caride que leron no primeiro trimestre. Está sendo unha tarefa máis difícil do que pensaban, porque a parte de memorizar o guión, mentres se fan as gravacións hai moitos erros, moito vento, ruídos inexperados de ambulancias que pasan preto do colexio, cables que saen nas gravacións, dedos que tapan o obxectivo... e nervios, moitos nervios... A verdade é que ata o momento temos máis tomas falsas que outra cousa. A ver se para finais de curso conseguimos tela gravada enteira.

luns, 22 de maio de 2023

SEMANA DA CONVIVENCIA

 

Dossier enlaces a Curtas (Premer nas letras A, B ou C)

O Equipo de TICS fixo un documento para todo o centro cunha selección de curtametraxes por niveis para traballar os valores na semana da convivencia, na que celebramos varias conmemoracións xuntas: Día da Educación, Contra o Acoso Escolar, LGTBI...
Cada curso escolle a posibilidade de visionar estas curtas ou ben na sala ce cine ou ben nas propias aulas. 

O alumnado de 1º B escolleu a historia "O cazo de Lorenzo" para elaborar os seu propio libro con bonitas ilustracións, lerllo aos compañeiros e compañeiras de 1ºA e finalmente todos xuntos viron a curta na aula.




xoves, 11 de maio de 2023

FALAMOS DE SONIC CON 4º PRIMARIA

 


Alumnado de 4º de Educación Primaria vai á sala de radio a falar da súa película favorita: Sonic. Os tres compañeiros deste curso fan unha descripción das persoaxes e falan das súas habilidades. Actividade integrada no Plan de intervención do Departamento de Orientación de Reforzo da Lingua Castelá.



mércores, 10 de maio de 2023

DEBATE NA RADIO: CINE NA CASA OU NA SALA DE CINE?

 


O alumnado de 6º A realizou un novo debate para o Proxecto ALUCINE na área de Lingua Galega sobre se é mellor ver as películas na casa, na televisión ou ir a unha sala de cine. Podédelos escoitar neste enlace ao episodio do Programa de debates "Ti tes a palabra" de RADIO V.I.


luns, 8 de maio de 2023

XOGOS DE EXPRESIÓN CORPORAL EN EDUCACIÓN FÍSICA


Dentro da Unidade Didáctica de Expresión Corporal que se leva a cabo neste terceiro trimestre nas clases de Educación Física, o alumnado de diferentes cursos participou no xogo das "películas". Primeiro fixeron os agrupamentos, logo escolleron a película, prepararon as escenas coa única norma de non falar e finalmente actuacioron empregando unha das claquetas que se mercaron para o Proxecto Alucine. 

 

sábado, 6 de maio de 2023

CREACIÓN DUN DOCUMENTAL SOBRE O DÍA DO LIBRO

 

O Equipo de Biblioteca creou este pequeno documental sobre a actividade interniveis organizada de Madriñas e Padriños lectores para conmemorar o Día do libro. 



Podedes ver máis sobre este día no blog da Biblioteca.



xoves, 4 de maio de 2023

BIOGRAFÍAS DE DIRECTORES E DIRECTORAS DE CINE


Galería de fotos das fases de investigación e creación

 O alumnado de 6º de Educación Primaria realizou un traballo de investigación sobre a vida e obra de diferentes directores e directoras de cine integrada na área de Lingua Castelá.

6º A realizou un libro de biografías que xa podedes consultar na nosa biblioteca no expositor do Proxecto Alucine. Tamén o podedes ver no seguinte enlace en formato dixital.

Preme na imaxe

6º B optou polo uso do Canva na fase de creación e fixo estas presentacións. Deixamos aquí os enlaces ás biografías premendo nos nomes dos directores.