Con motivo do Día da Muller, o Equipo de biblioteca organizou unha videoconferencia coa actriz, guionista e profesora de interpretación Iria Parada para o alumnado de 6º de Educación Primaria.
Conectados na Aula Creativa durante máis dun hora estiveron os nenos e nenas facendo unha chea de preguntas a esta actriz que marchou de O Grove a Madrid de moi nova para abrirse no mundo do teatro, o cine e a televisión.
A sesión resultou moi produtiva porque non só falaron da carreira profesional de Iria, senón tamén aproveitaron para preguntarlle sobre a temática da súa tarefa final do proxecto Alucine e preparar así o seu documental sobre o que ocorre detrás das cámaras e a grande cantidade de xente que traballa no mundo do cine.
Ningún comentario:
Publicar un comentario